O PSOE denuncia “a inexistencia de investimentos en Ferrolterra” nos orzamentos da Xunta para 2024

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña realizou na sede dos socialistas de Ferrol unha valoración dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2024 en Ferrolterra. Participaron no acto a vicevoceira no Parlamento galego Begoña Rodríguez Rumbo, a coordinadora comarcal Natividad González Laso e o concelleiro en Ferrol Julián Reina. 

Rodríguez Rumbo comezou a súa intervención denunciando “a inexistencia de investimentos en Ferrolterra”, á vez que calificou os orzamentos de “continuistas, non dan as respostas que precisan a cidadanía e os sectores produtivos”. 

“Son os orzamentos máis altos da historia de Galicia gracias aos fondos que veñen do Estado e da Unión Europea, os que o noso presidente Pedro Sánchez foi negociar a Bruxelas e que Feijóo intentou entorpecer para que non chegasen á nosa comunidade”, lembra a parlamentaria socialista. Porén, “o problema está na execución da Xunta de Galicia”, sinala. 

“Dende o PP quéixanse de que os fondos non chegan pero a realidade é que son eles os que non consiguen executalos”, critica a socialista. 

Por outra banda, Natividad González Laso destacou que nos orzamentos só aparecen “8 dos 22 concellos de Ferrolterra, a maioría deles están desaparecidos”. “Vemos unha vez máis, desgraciadamente, o abandono e o engano electoral do Partido Popular”, afirmou. 

A socialista sinala tamén que “dos Concellos que si aparecen nos orzamentos, moitos reciben cantidades testimoniais, case vergoñentas, como os 13.000€ para Cedeira, os 10.000€ para o dragado do porto de Espasante e de Ortigueira, ou os 10.000€ para Mugardos”. 

“Outras partidas, como as do saneamento de Pontedeume e de Cabanas, son as mismas do ano pasado que non se dan executado”, explica González Laso, calificando esta situación de “verdadeiro fraude”. 

Ademais, a coordinadora comarcal manifestou sentirse “absolutamente enganada como veciña do rural do Concello de Ferrol, porque os orzamentos para o saneamento do rural de 2 millóns de euros que figuraban o ano pasado, agora, co goberno local do PP con Rey Varela, desapareceron e se converteron en só 414.850€”. 

“Tamén aparece 1 millón e medio de € para renovar infraestrutura deportiva, algo ao que se negaron a colaborar durante anos e que só se puido facer con fondos da Deputación, que non son outra cousa que os fondos retirados ao saneamento do rural”, sinala a socialista. 

Algunhas novas relacionadas