PSdeG – PSOE Provincial da Coruña

Eleccións Municipais 2023

Eleccións Municipais 2023

Coñece as candidaturas socialistas xa presentadas para as vindeiras eleccións municipais de maio 2023

Coñece as candidaturas socialistas xa presentadas para as vindeiras eleccións municipais de maio 2023

ABEGONDO | Jairo Bello

Jairo Bello Vidal será o candidato socialista en Abegondo, “cun proxecto novo e moita ilusión para construír o Abegondo do futuro”

A LARACHA | Palomi Rodríguez

O secretario xeral provincial do PSdeG destacou na presentación da súa candidatura “o compromiso con Laracha de Palomi Rodríguez”

AMES | Blas García

O socialista busca revalidar un novo goberno liderado polos socialistas na vila de Ames

ARTEIXO | Patricia Boedo

A candidata socialista afirmou que da este paso “coa ilusión de encabezar un proxecto que defenda os intereses da veciñanza de Arteixo”.

BOIRO | José Ramón Romero

O rexedor da vila quere revalidar o Goberno liderado polos socialistas para a vindeira lexislatura.

BRIÓN | Pablo Lago

O actual rexedor, Pablo Lago, traballará para que Brión manteña un Goberno socialista na vindeira lexislatura.

CAMARIÑAS | Sandra Insua

A actual alcaldesa de Camariñas busca que a vila continúe cun goberno dirixido polos socialistas.

CAMBRE | Diego Alcantarilla

O candidato márcase como obxectivo “levar ao goberno local o proxecto socialista e progresista que este concello necesita”.

CARBALLO | María Carmen Vila

María Carmen Vila aposta por un Carballo “para todos e todas” na súa presentación como candidata socialista á alcaldía.

CERDIDO | Brais Prieto

Os socialistas cren que “é a elección idónea para afrontar novos retos nos vindeiros anos que signifiquen avances e melloras para o Concello de Cerdido”.

CORISTANCO | José Manuel Pérez Abelenda

O candidato afirmou que o cambio no concello só será posible cun goberno socialista e progresista.

LAXE | Francisco José Vidal Castro

As propostas co candidato socialista céntranse no turismo e na modernización do municipio

MUXÍA | Iago Toba Campaña

O actual alcalde busca que a vila de Muxía siga gobernada polos socialistas.

NARÓN | Jorge Ulla

Presentación do candidato socialista á alcaldía de Narón, Jorge Ulla. Lidera un proxecto progresista que sen dúbida o levará á alcaldía do seu concello.

NEGREIRA | Manuel Ángel Leis

O actual alcalde revalidará o goberno socialista no municipio para o vindeiro mandato.

OROSO | Luis Rey

“Eu teño claro que para Oroso quero o mellor porvir e tamén que cun goberno socialista a partir do 28 de maio o mellor para este concello aínda está por vir”, afirmou Rey na súa intervención.

PADRÓN | Anxo Rei Arca

O candidato socialista en referencia aos gobernos do PP, manifestou que é hora de rematar “con esta longa noite de 12 anos que mantén ao municipio nunha situación de atraso e abandono”.

PONTECESO | Lois García Carballido

O candidato busca revalidar o Goberno socialista en Ponteceso.

RIANXO | Óscar Rial

“Damos un paso adiante nas nosas vidas para propoñer un cambio en Rianxo. Un cambio no que xa estamos traballando para que Rianxo recupere os servizos que merece”, sinalou o candidato

RIBEIRA | Francisco Suárez

“Damos un paso adiante nas nosas vidas para propoñer un cambio en Rianxo. Un cambio no que xa estamos traballando para que Rianxo recupere os servizos que merece”, sinalou o candidato

SANTA COMBA | Alberto Romar

A candidatura que lidera Romar buscará un goberno progresista e estable para a vila.

SANTIAGO | Xose Sánchez Bugallo

O alcalde lidera unha candidatura para construír un Santiago plural, innovador e inclusivo.

VIMIANZO | Mónica Rodríguez

A actual alcaldesa liderará un proxecto para que Vimianzo continúe cun goberno socialista.

VAL DO DUBRA | Diego Luis Díaz

 “É o momento de ofrecer un proxecto serio afastado de intereses particulares e que leve  ao Val do Dubra ao século XXI”, subliña o candidato.