PSdeG – PSOE Provincial da Coruña

Presidente da Deputación da Coruña

Valentín González Formoso

O 2021 será o ano da maior aposta pola protección social e o emprego da historia da Deputación.

sign-dark

Outra forma de gobernar

A realidade social non se coñece igual desde o despacho que na rúa. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, aplícase esta máxima e percorre de xeito periódico os 93 municipios coruñeses para coñecer en primeira persoa a realidade social da provincia.

Desde as grandes cidades ás aldeas máis pequenas, as visitas serven para comprobar como se desenvolven os investimentos da Deputación, pero tamén para escoitar as demandas e necesidades da veciñanza e dos alcaldes e alcaldesas, reunirse cos sectores produtivos, as entidades sociais ou coñecer o importante potencial que a provincia da Coruña ten no sector primario, a industria ou a investigación.

Dos oficios tradicionais de sempre aos grandes centros de I+D das universidades da Coruña e Santiago, das grandes empresas que crean centos de empregos e exportan produtos coruñeses a todo o mundo aos pequenos emprendedores que traballan para sacar adiante un pequeno negocio nun concello rural, a provincia da Coruña demostra o seu dinamismo e diversidade.

Este contacto permanente co territorio permite tamén coñecer de primeira man como os investimentos da Deputación axudan a mellorar a vida das persoas. Moitos dos servizos públicos municipais, desde a asistencia no fogar, as actividades culturais e deportivas ou os programas de atención e protección social ata a recollida de lixo, a iluminación pública e o saneameanto e abastecemento de auga da túa vila contan con apoio da Deputación da Coruña.

A Deputación da Coruña está moi presente no día a día da vida das persoas. Os socialistas traballamos para facer unha Deputación máis moderna útil, eficaz e próxima ás necesidades da cidadanía.

O ORZAMENTO MÁIS SOCIAL DA DEPUTACIÓN RZAMENTO ALCANZA OS 184,5 MILLÓNS DE EUROS

O Goberno da Deputación da Coruña aprobou os orzamentos para 2021, que serán “os máis sociais da historia da institución”, segundo explicou o presidente Valentín González Formoso durante a presentación das contas.

O orzamento ascende a 184,5 millóns de euros e entre as partidas que máis soben destaca especialmente a da área de Benestar Social, que se incrementa ata os 27,4 millóns de euros (+138%) co obxectivo de garantir a protección social dos colectivos máis vulnerables ante a grave crise provocada pola pandemia da Covid-19.

Acción Social

27.433.300 €
+137.89%

Emprego

16.000.000 €
+76%

Plan Único

64.600.000 €
+76%

Territorio e Medio Ambiente

4.713.095 €
+86%

Impulsamos a reactivación social e económica da Provincia sen deixar a ninguén atrás

As novas da Deputación