O PSOE de Oleiros compromete melloras nos centros de saúde de Mera e Santa Cruz con cargo aos fondos do Goberno para reforzar a atención primaria

A candidata socialista á alcaldía de Oleiros, Carmen Acuña, estivo esta mañá en Santa Cruz acompañada do ministro de Sanidad, José Miñones. 

Acuña e Miñones mantiveron un encontro con profesionais sanitarios que forman parte da candidatura do PSdeG-PSOE de Oleiros. O ministro expuxo as liñas maestras do plan que poñerá a disposición da Atención Primaria cerca de 580 millones de euros para mellorar os centros de saude de todo el país. 

Esta inversión, de carácter finalista, permitirá atender as demandas da poboación oleirense que precisa mellorar a súa atención sanitaria. Os profesionais coincidiron na necesidade urxente de ampliar o Centro de Saúde de Mera, de dotar de servicio de Radioloxía ao de Santa Cruz e de mellorar a asistencia de fisioterapia e psicoloxía. 

Pero para poner en marcha estas medidas ao amparo deste plan do Goberno de  España fai falla a implicación do Concello de Oleiros e da Xunta do PP que se atopan moi cómodos discutindo e confrontando mentras os problemas para a poboación seguen ahí e a inversión é inexistente. 

O Concello ten que facilitar terreos e licenzas para estas obras e equipamentos e a Xunta, que é a competente en materia de persoal sanitario, mellorar a dotación de persoal, dende os médicos e médicas ate o persoal de servizos xerais PSX pasando polo reforzo do servizo de pediatría. 

Neste terreo como en otros vemos que fan falla aires novos para rachar con dinámicas que non benefician ao noso pobo. Oleiros precisa unha “cura” e o  PSdeG-PSOE aporta compromiso, capacidade e vontade para facelo. 

Carmen Acuña afirmou que estas inversións amosan “a credibilidade do PSdeG-PSOE que cando goberna contribúe cas súas políticas a mellorar a calidade de vida da cidadanía oleirense”. 

Ademáis do cumprimento destes compromisos históricos por parte do Goberno de España, Miñones defendeu o “escudo social” despregado polo executivo durante a pandemia. 

Algunhas novas relacionadas