O PSOE de Porto do Son comprométese a dotar de servizo de madrugadores e comedor ao colexio de Baroña

O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Porto do Son, Jorge Romero, anunciou hoxe que se os socialistas gobernan o municipio despois do 28 de maio, dotarán de servizo de madrugadores e comedor escolar ao colexio de Baroña. 

“Son servizos comúns en zonas urbanas, pero os socialistas queremos levar tamén ao rural estas iniciativas que favorecen a conciliación e melloran a vida da xente. Non é posible facer un rural vivo se non hai posibilidasde de emprego, boas comunicacións e servizos públicos de calidade. Esas son as nosas propostas”, afirmou Jorge Romero no acto celebrado esta tarde na Casa da Cultura de Baroña. 

O candidato anunciou tamén a proposta do PSOE de crear un pequeno centro de interpretación para potenciar o Castro de Baroña como recurso turístico. “É un elemento patrimonial único e un recurso clave para atraer turismo do noso municipio, polo que apostamos por dar a coñecer a súa importancia”, afirmou.  

Algunhas novas relacionadas