Os socialistas presentan coa candidatura de Luis Rey a “única alternativa de futuro” para o Concello de Oroso

A carpa da alameda de Góis, en Oroso, acolleu hoxe a presentación do candidatura socialista á alcaldía do concello, liderada polo actual alcalde, Luis Rey.

O secretario xeral provincial do PSdeG, Bernardo Fernández, asegurou que son moitos os alcaldes e alcaldesas que miran a Oroso como referente. “É un concello que gaña poboación, que gaña implantación de empresas e de industria, que traballa xa para ampliar o polígono industrial, que é capaz de poñer en valor e facer do seu turismo unha vía máis de ingresos para o sector servizos. Un concello que atende á súa zona urbana, pero que segue levando servizos ao rural e que vén apostando pola promoción do deporte con grandes infraestruturas”, dixo Fernández.

“Podédesme crer. Coido que estades acostumados, pero non é o normal que un concello deste tamaño conte coas infraestruturas deportivas, culturais e de ocio que tedes en Oroso”, engadiu.

“Esta transformación, que comenzou con Manolo Mirás a finas dos anos 90 e que agora continúa Luis, é froito da capacidade de xestión que teñen os socialistas deste concello e, sobre todo, a capacidade de ver e levar a cabo un proxecto de futuro. Pensaron qu concello querían para a veciñanza e levárono a cabo”, explicou.

O secretario xeral da provincia aseverou que o Partido Socialista é un partido transformador e vén contando nos seus equipos de goberno cos mellores entre os mellores. “E ocorre o mesmo nesta candidatura que encabeza Luis. Todo o mundo sabe que non existe unha alternativa política mellor en Oroso para seguir mellorando e transformando este concello. Calquera outra cousa vai supoñer un parón a estes 26 anos de progreso que iniciou o Partido Socialista coa respaldo da veciñanza”, rematou.

Algunhas novas relacionadas