Os socialistas de Cabana de Bergantiños denuncian que o concello fai pagar aos veciños da Gándara o material dunhas obras de saneamento

O PSOE de Cabana de Bergantiños denuncia que o concello fai pagar aos veciños e veciñas da zona da Gándara (Cundíns) unhas obras de saneamento.

En concreto, afirma que os propietarios das vivendas repartiron o custo das tuberías de recollida de augas residuais e o mortero para tapalas. En total, mais de 1.000 euros. O PSOE lamenta este feito e respalda as queixas dos veciños.

O PSOE lémbralle ao concello que a Lei de Administración Local de Galicia afirma, no seu artigo 57.g, que “é un dereito dos vecinos esixir a prestación do servizo público cando sexa competencia municipal propia”.

Como se recolle ademais no Capítulo IV, artigo 80.1, son competencias propias do Concello “prestar tódolos servizos públicos para satisfacer as necesidades dos vecinos”.

No artigo 80, 2, nos apartados d, f, h e l, falan de “conservación de camiños e vías rurais, protección do medio ambiente, protección da salubridade pública  e o servizo de tratamento de augas residuais”. Todas son competencias do Concello.

“Facer pagar ós vecinos e despois ir pasar o asfalto e pintar a vía para poñer de propaganda do que fai o PP non é admisible. Os veciños merecen máis respecto”, asegura o voceiro do PSdeG-PSOE, Juan Ramón Varela Martínez.

Algunhas novas relacionadas