
O voto útil ao PSOE é o que permite aprobar medidas para avanzar
O goberno tivo que facer fronte a unha pandemia e ás consecuencias derivadas dunha guerra. A pesar disto, aprobou o maior paquete de protección social da historia e impulsou un avance sen precedentes en dereitos e liberdades. As medidas impulsadas polo goberno están a conseguir que a economía medre por riba da media europea e que se xere emprego estable e de calidade. O 23 de xullo temos que escoller entre seguir avanzando ou retroceder.
Durante estes 4 anos, o PP e o BNG non apoiaron:
• Á reforma laboral que recuperou dereitos arrebatados polos gobernos do PP que está xerando empregos estables e de calidade.
• Á subida da túa pensión conforme a suba do custo da vida (IPC).
• Á instauración do Ingreso mínimo vital.
• Ao fondo Covid que supoñía 735 millóns de € para Galicia destinados á sanidade e a paliar a redución da actividade económica durante a pandemia.
• Ás medidas de aforro enerxético como os 20 cts. por litro de combustible ou a baixada do prezo da factura da luz.
• Ás medidas de apoio aos autónomos que permite a cotización por ingresos reais e mellorar as protección por cese de actividade así como a cota reducida de 80 € por inicio de actividade.
• Á Lei de Memoria Democrática.
• Á Lei polo Dereito á Vivenda.
• Ao proxecto de ordenación e reforma da FP que permite a formación dos mozos mozas adaptada ás necesidades do mercado laboral.
• Á Lei de garantía integral da liberdade sexual.
• Ás bonificacións nin a gratuidade de varios tramos da AP9 por importe de mais de 56 millóns de € para este 2023.
• Aos mais de 4.320 millons de € destinados á construcción das fragatas en Ferrol e ás inversions en Navantia que supoñen a creación de mais de 9.000 postos de traballo na comarca de Ferrolterra.
O PP tampouco apoiou:
• Ás medidas urxentes de prevención contención e coordinación da Pandemia.
• Ás medidas de protección e asistencia ás vítimas de violencia de xénero.
• Á Lei de regulación da eutanasia.
• Ao Proxecto de Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.
Así se defenden os intereses de Galicia e España?
Podedes descargar o díptico completo en PDF aquí: