
Miñones reivindica os 20 millóns de investimento do Goberno na comarca do Ortegal en turismo sostible e transición ecolóxica
José Miñones, ministro de Sanidade e candidato do PSdeG-PSOE provincial da Coruña ao Congreso, visitou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira xunto ao secretario provincial Bernardo Fernández Piñeiro e as tamén candidatas na provincia Montse García Chavarría e Natividad González Laso, ademais doutros candidatos e compañeiros de partido.
O candidato socialista destacou que o de Ortigueira é “un festival internacional que é referente en todo o mundo”, reivindicando que o Goberno ao que pertence aposta claramente polo turismo. “Nestes últimos 4 anos fixemos unha inversión única en turismo sostible que chegou a toda esta comarca”, sinalou.
“Sempre digo que somos o Goberno máis galego, porque miramos polas galegas e os galegos en investimentos e por suposto en avances sociais”, reivindicou Miñones.
Nese sentido, o candidato afirmou que dende o Goberno “estamos a facer unha inversión de máis de 20 millóns en toda a comarca, 3 deles en Ortigueira, para facer esa transición ecolóxica xusta, esa na que non cre o Partido Popular”.
“Nós imos seguir apostando por esa transición para que non se dea ningún paso atrás, fronte aos que a poñen en perigo por exemplo retirando os carrís bici”, concluíu o socialista.