O PSOE reclama á Xunta que se cubran as prazas de médicos do Centro de Saúde de Frades

Máis dun centenar de veciños e veciñas de Frades participaron hoxe na concentración convocada polo PSOE ante o Centro de Saúde da localidade para reclamar á Xunta de Galicia que cubra as prazas de médicos do municipio.  

A manifestación contou co apoio, entre outros, do voceiro socialista en materia de Sanidade no Parlamento de Galicia, Julio Torrado, do deputado Martín Seco e e do coordinador comarcal do PSOE, Antonio Leira Piñeiro, entre outros. 

O portavoz do PSOE de Frades Enrique Astray, reivindicou que se cubran de forma urxente as dúas prazas de médicos do municipio. “Non se cubriu a xubilación dun médico e a médica do consultorio deixa o posto para incorporarse ao Exército uns meses. Non nos poden deixar sen  atención médica. Xa non cremos as promesas da Xunta nin do alcalde, levamos moito tempo esperando e reclamamos unha solución urxente”, afirmou o portavoz socialista. 

Astray subliñou ademáis que Frades leva “mais de dous anos sen pediatra” e que as esperas para unha cita no centro de saúde son “interminables”.  “Unha situación caótica á que a Consellería de Sanidade ten que pór solución xa. Podemos esperar por unha obra, pero non podemos esperar cando necesitamos que nos atenda un médico”, defendeu. 

Algunhas novas relacionadas