Bernardo Fernández reivindica “o compromiso do PSOE cos dereitos civís e sociais” con motivo do orgullo 2023

As Xuventudes Socialistas de Galicia leron hoxe na Alameda de Santiago, xunto a Estatua de Federico García Lorca, o seu manifesto para conmemorar o mes do Orgullo, que se celebra este mércores, 28 de xuño, en diferentes urbes do país. Xunto a eles asistiron diferentes representantes do PSdeG-PSOE, como o secretario xeral da provincia, Bernardo Fernández Piñeiro, que tamén interviu no acto.

Fernández Piñeiro recoñeceu o “traballo incansable e sacrificio das asociacións que durante anos loitaron polos seus dereitos e o compromiso do PSOE, que foi quen máis fixo polos dereitos civís e sociais da historia do país”. O líder socialista aseverou que “ante a dereita negacionista de Feijóo, esta loita está máis viva ca nunca”.

O manifesto, que foi lido por diferentes militantes da organización baixo a coordinación do secretario LGTBI, Borja López, reivindica unha Galicia sen o odio que representan Feijóo e Abascal, e o perigo que supón que poidan gañar as eleccións.

A organización moza sinala o escaso compromiso do PP co colectivo, ao cal en Galicia só lle destinan un orzamento escaso inferior ao 0,01% e un silencio rotundo ante cada agresión que acontece. Ademais, advirten xa dalgúns dos anuncios feitos por Feijóo como a derrogación da Lei Trans.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, alertou do retroceso que representa Feijóo que “non precisou de VOX para banalizar a lgtbifobia en Galicia. O que acontenceu en Náquera coa bandeira xa o vimos en Ourense nestes últimos anos”.

O secretario xeral aproveitou para “reivindicar os logros e éxitos socialistas en materia LGTBI cuxa defensa non só se exerce un día ao ano se non as 24h que dura cada día de cada semana”. “Non toleraremos que este poida ser o último orgullo se gana a dereita, pelexaremos pola diversidade custe o que custe, e pese a quen lle pese”.

Algunhas novas relacionadas