
O PSOE nomea a comisión xestora da Agrupación Socialista de Santiago, presidida por Diego Fernández
A Comisión Executiva Federal do PSOE vén de nomear a comisión xestora da Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, que estará presidida polo secretario de Organización da Agrupación Provincial Socialista, Diego Fernández López, e terá como vogais a Jesús Peón Otero, Marta Álvarez-Santuallano, Ana Carriboba Engroba, Antón Varela Tourón, Carmen Fernández Morante e Aitor Bouza Manso.
O presidente da xestora, Diego Fernández, destacou que o obxectivo é “devolver a normalidade á Agrupación Socialista de Santiago no menor prazo de tempo posible e aproveitar todo o capital humano da nosa militancia en Santiago para conformar unha nova executiva que inicie unha nova etapa e poña en marcha un proxecto político ilusionante e de futuro para a cidadanía compostelá”.
Fernández reivindicou que “os grandes avances da cidade de Santiago viñeron sempre con gobernos socialistas” e mostrouse convencido da capacidade da militancia do PSOE de “rearmar un proxecto político solvente, renovado e de futuro” para a capital de Galicia.