Os socialistas da provincia da Coruña aproban por aclamación as candidaturas ao Congreso e o Senado

A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE na Coruña celebrou esta tarde un comité provincial no que aprobou a candidatura socialista na provincia para as eleccions xerais do 23 de xullo.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia da Coruña, Bernardo Fernández, destacou que “presentamos o mellor capital humano do que dispón o PSdeG ás eleccións xerais máis importantes das últimas décadas”.

“A cidadanía xógase moito e debe elixir entre dous modelos diferentes: a dos socialistas, para non deixar a ningúen atrás, con numerosas medidas sociais postas en marcha desde a pandemia, ou a do Partido Popular ”, engadiu Fernández, que lamentou “a negativa do señor Feijóo a debatir para deixar claro cal é o seu modelo”.

“Estamos nun momento clave, temos que defender a mellor España contra a peor dereita”, asegurou pola súa parte José Miñones, que manifestou que “hai que seguir preto da xente, defendendo os seus dereitos, e mobilizarnos o 23 de xullo para continuar co modelo social de Pedro Sánchez”.

Unha vez aprobadas polo comité provincial, as listas serán informadas ppla comisión executiva galega e elevadas á comisión federal de listas, que se reunirá mañá, 9 de xuño, un día antes da celebración do comité federal que aprobará de forma definitiva as candidaturas de toda España.

José Miñones lidera a candidatura ao Congreso, seguido de Obdulia Taboadela, Montse García e Diego Taibo. A do Senado Xosé Sánchez Bugallo, Natividad González Laso e Fabián Canosa.

 

CONGRESO DAS E DOS DEPUTADOS

Titulares:

  1. José Miñones Conde (Ames)
  2. Obdulia Taboadela Álvarez (A Coruña)
  3. Montse García Chavarría (As Pontes)
  4. Diego Taibo Monelos (Culleredo)
  5. Jorge Domínguez Castro (Corcubión)
  6. Paula Castiñeiras Iglesias (Trazo-XSG)
  7. Pilar López-Rioboo Ansorena (A Coruña)
  8. Lois García Carballido (Ponteceso)

 

Suplentes:

  1. Silvia Longueira Castro (A Coruña)
  2. Ramón Paz González (Santiago de Compostela)
  3. Eva Martínez Acón (A Coruña)
  4. Enrique Astray Otero (Frades)
  5. Jessica Antelo Álvarez (Santa Comba)
  6. José Manuel Pérez Abelenda (Coristanco)
  7. Ana Margarita Candal Malvís (Oleiros)
  8. José Marcote Suárez (Fisterra)
  9. María Leonor Faya Angueira (Noia)
  10. Rafael Castro Deibe (Paderne)

SENADO

  1. José Antonio Sánchez Bugallo (Santiago)

Manuel Mirás Franqueira (Oroso)

Sandra Maneiro Pais (Muros)

  1. Natividad González Laso (Ferrol)

Inés Ramos López (Laracha)

Antonio Carlos Piñeiro Carrera (Pontedeume)

  1. Fabián Canosa Pasantes (Camariñas)

María Jesús Regueiro Sánchez (Betanzos)

Marcial Blanco López (Cedeira)

Algunhas novas relacionadas