
Sheila Rial compromete o apoio do PSOE de Zas para ampliar o polígono privado dos Muíños e desenvolver o novo solo industrial público de Lamas
A candidata socialista á alcaldía de Zas, Sheila Rial, acompañada da deputada no Parlamento de Galicia, Begoña Rodríguez Rumbo, o deputado no Congreso Diego Taibo e a secretaria de Medio Rural do PSdeG, Rosa Arcos, mantivo unha intensa axenda de visitas e reunións con distintos colectivos da localidade.
Entre elas, Sheila Rial participou nunha reunión coa directiva da xunta de compensación do Polígono dos Muíños, en O Allo, para interesarse polas súas necesidades.
O presidente da entidade, Ramón Fuentes, o vicepresidente, José Rial, e o secretario, Ignacio Mourelle coincidiron en destacar a necesidade de impulsar e mellorar este polígono privado e impulsar a posta en marcha do novo solo industrial público disponible en Lamas para que a comarca e o municipio podan ter oportunidades.
“Se son alcaldesa, liderarei co resto de administracións a adecuación que necesita este polígono e iniciaremos o desenvolvemento do polígono de Lamas, con case medio millón de metros cadrados dispoñiibles nunha localización estratéxica grazas ao enlace da autovía que nos une con Carballo”, afirmou a candidata socialista.
Sheila Rial expuxo aos empresarios algunhas das principais propostas do PSOE en materia de promoción económica e industria, entre as que destacan melloras en O Allo e a elaboración dun plan director para o solo industrial público de Lamas, co que promover o crecemento da industria local e atraer novas empresas a Zas que podan ofrecer oportunidades de emprego.
O PSOE propón ademáis o establecemento de microcréditos para facilitar aos emprendedores do municipio o inicio da súa actividade, traballar na obtención de fondos europeos que contribúan a dinamizar a economía local, apoio específico para as iniciativas empresariais que se ubiquen no rural e especialmente para os sectores agrario e gandeiro.