O PSOE destaca que os “investimentos históricos” do Goberno de España “melloran Oleiros”

A candidata socialista á alcaldía de Oleiros, Carmen Acuña, estivo esta tarde en Santa Cristina acompañada de José Ramón Gómez Besteiro, delegado do Goberno en Galicia. 

Acuña e Besteiro puxeron en valor os “investimentos históricos” do Goberno de España en infarestruturas no municipio. Uns investimentos que “melloran Oleiros e atenden as necesidades que existían neste municipio e nesta comarca desde hai moito tempo”.  

Neste sentido, Carmen Acuña destacou ante o delegado do Goberno en Galicia “o cumprimento de dous investimentos fundamentais pendentes desde hai anos e que hoxe están por fin exeutándose e converténdose en realidade”, como o dragado da Ría do Burgo, “que mellora tamén a calidade ambiental do litoral de Oleiros e rexenera a praia de Santa Cristina, e que supón o maior investimento da área metropolitana, con máis de 36 millóns de euros”, así como as obras de Sol y Mar, que transformarán os accesos á cidade da Coruña por Perillo e que supoñen preto de 10 millóns.  

Carmen Acuña afirmou que estas obras amosan “a credibilidade do PSdeG-PSOE que cando goberna contribúe cas súas políticas a mellorar a mobilidade e a calidade de vida da cidadanía oleirense”. 

Ademáis do cumprimento destes compromisos históricos por parte do Goberno de España, Besteiro defendeu o “escudo social” despregado polo executivo durante a pandemia. 

Algunhas novas relacionadas