
O PSdeG de Ribeira denuncia o estado da exposición da praza de Pablo Neruda
O PSdeG-PSOE de Ribeira denuncia que a exposición da praza Pablo Neruda amosa un estado deficiente. Dende a súa instalación no pasado mes de novembro, moitos dos paneis da mesma están caídos.
Para o candidato socialista á alcaldía de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, isto supón “un risco para calquera persoa”, xa que a exposición estase “descompoñendo panel a panel” e “pode caerlle un panel enriba a alguén ao pasar por alí”.
“Esta é a nova Ribeira?”, pregúntase Suárez-Puerta, sinalando a responsabilidade do Goberno local, en mans do Partido Popular, no mantemento desta exposición.