
O PSOE cumpre o seu compromiso e sigue avanzando na mellora da estrada DP-1105, “un vial clave para a vertebración da comarca”
O PSOE cumpre o seu compromiso de avanzar na mellora integral da estrada provincial DP-1105, que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro e que os socialistas consideran “clave para vertebración das comunicacións da comarca”.
O secretario provincial e portavoz do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, que o pasado mes de febreiro visitou a zona acompañado do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e do candidato socialista á alcaldía de Noia, Fran Pérez, para interesarse polas necesidades de mellora no vial, anunciou hoxe que a Deputación aprobará no pleno deste venres un investimento de 923.000 euros para continuar as obras de pavimentación do vial nos termos municipais de Boiro e Lousame.
En concreto, as obras darán continuidade ás executadas nos primeiros 5,5 quilómetros da estrada ao seu paso por Noia, chegando ata o punto quilométrico 12+900 (un tramo de 7,5 quilómetros).
“É un novo avance nun vial clave nas comunicación da comarca e que rexistra un volume diario de tráfico moi importante”, afirmou Bernardo Fernández, que subliñou o compromiso do Goberno provincial de acometer tamén a derradeira fase de pavimentación da estrada e de mellorar o alumeado e sinalización do vial, así como algún puntos do trazado.