O PSdeG de Oleiros aposta pola construción de 200 vivendas para facilitar o acceso á vivenda dos mozos e mozas

Os socialistas de Oleiros  apostan por “unha nova política de vivienda que evite a dispersión, que priorice a rehabilitación das vivendas existentes por encima da construción doutras novas, pero que sexa quen de atender as necesidades da xente nova”. 

“É preciso rehabilitar e tamén construir, pero con sentidiño”, sinalou a candidata á alcaldía Camen Acuña. “Nós fomentaremos poñer ao dispor no mercado de alugueiro vivendas accesibles para os mozos e mozas e facilitaremos a compra a precios razoables”, engadiu. Para facelo posible, “propoñemos consensuar cos veciños e veciñas, dialogando, as ubicacións e propostas urbanísticas que sexan precisas para acadar construir 200 vivendas para a xente nova en réxime de aluguer ou compra”.

Para acadar este obxectivo “propoñemos poner en marcha, a través da Xunta, os plans do Ministerio de Transportes, Movilidad  Axenda Urbana, para a axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios energéticamente eficientes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, correspondente á anualidade 2022”. 

A cooperación entre administracións “é a vía que non se está seguindo en Oleiros e que, tamén na problemática da vivenda, pon paus nas rodas e non solucións para os seus veciños e veciñas”, sinalou a candidata. De novo estamos ante a necesidade de “diálogo en lugar de confrontación, negociación en lugar de bronca”, reiterou. “As necesidades de vivienda” accesible teñen que pasar a ser unha prioridade”. 

Algunhas novas relacionadas