
Os socialistas de Cambre prensentan a candidatura de Diego Alcantarilla para “cubrir realmente as necesidades da veciñanza”
O PSdeG-PSOE de Cambre presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, liderada por Diego Alcantarilla. O candidato estivo acompañado no acto por Begoña Rodríguez Rumbo, vicevoceira parlamentaria, e José Ramón Rioboo Castro, alcalde de Culleredo.
Diego Alcantarilla sinalou como principal obxectivo da súa candidatura “cubrir realmente as necesidades e solucionar os problemas da veciñanza”, á vez que lograr un “Concello máis aberto”.
Entre as súas propostas máis importantes está a de dotar aos locais sociais do municipio “de persoal e equipamento suficiente” para que poidan desenvolver realmente as súas funcións. Entre os obxectivos desta proposta está que “os veciños poidan facer as xestións do día a día nos propios locais”, destacou o candidato socialista.
Outro dos puntos clave do seu programa é lograr “unha mobilidade máis eficaz”. “O Concello gastou 80.000 nun servizo de microbús que non está sendo eficiente”, critica o candidato.
A proposta principal dos socialistas neste eido é “un servizo de taxi, que teña para a veciñanza o mesmo prezo que o autobús, co resto do custo abonado polo Concello”. “Témolo estudiado a fondo e deste xeito mesmo aforraríamos diñeiro”, destacou o candidato.