
O PSdeG de Ribeira rexeita a “privatización encuberta” do aparcadoiro do Centenario aprobada polo PP e o BNG
O PSdeG-PSOE de Ribeira critica a “privatización encuberta” do aparcadoiro do Centenario aprobada cos votos do PP e o BNG no último pleno extraordinario.
O candidato socialista á alcaldía de Riberia, Francisco Suárez-Puerta, denuncia a privatización que supón o novo contrato de servizos para o aparcadoiro, reivindicando que a súa xestión “debe ser municipal integramente”.
“Isto vai supoñer que o Concello asuma os gastos e unha empresa asuma os beneficios sen afrontar risco ningún”, sinala Suárez-Puerta. Así, “o acceso aos postos de traballo vai ser potestade dunha empresa privada, saltándose o procedemento de contratación do sector público”. “O PSOE oponse totalmente a esta medida”, recalca.
“Ademais, o feito de celebrar un pleno extraordinario por este motivo en plena campaña electoral é, canto menos, sorprendente”, concluíu o dandidato socialista.