O PSdeG de Ribeira mostra a súa preocupación polo estado de abandono que sofren os veciños de Olveira

O PSdeG-PSOE de Ribeira denunciou “o deixamento e abandono” que sofren os veciños da parroquia de Olveira a mans do actual goberno local. Segundo indicou o candidato socialista á alcaldía, Francisco Suárez-Puerta, durante a súa intervención nun mitin na parroquia, o mantemento na mesma “brilla pola súa ausencia, estamos no ano 2023 e aínda moitas zonas desta parroquia carecen de saneamento”.   

O candidato socialista destacou que “non existen papeleiras e os contenedores están en mal estado”, e que os veciños sofren diariamente o “deixamento provocado polo goberno local actual”, o cal provoca “constantes desbordes por non limpar os sumidoiros”.   

En Olveira, sinalou o candidato socialista, “as cunetas están sen limpar, moitos camiños carecen de asfalto” e, no que respecta ao Polideportivo de Sirves, “os farois están rotos e a rede de sumidoiros carece de mantemento”. Para finalizar, destacou a “irresponsabilidade de que en este edificio o pararraios e a baixada de augas estivesen xuntas”.  

Por outra banda, no que respecta ao transporte, indicou que “a sensación dos veciños é a de que non existen buses e que é imposible saber cando virán”.   

Por estas razóns, o PSdeG-PSOE comprometeuse cos veciños de Olveira a “defender os seus intereses e a non permitir que a situación na que se atopan se perpetúe”.   

Algunhas novas relacionadas