Bernardo Fernández chama a unha mocidade activa fronte o prexuízo conservador do “botellón”

As Xuventudes Socialistas mantiveron un encontro con Bernardo Fernández Piñerio, alcalde de Pontedeume e secretario provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, e coa mocidade da vila para debater iniciativas cara o novo mandato.

Diego Legarra, secretario local das Xuventudes Socialistas de Pontedeume, reivindicou un concello que “achegue formacións imprescindibles para o día a día da xuventude como talleres de xestión emocional; trámites de bolsas, certificados dixitais; declaración darenta; dixitalización da administración, etc”. Engadiu que “a xuventude somos o presente e facemos moita falta, porque nun futuro inmediato imos asumir todas as responsabilidades”.

Pola súa banda, Xurxo Doval, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, declarou que “Bernardo é un exemplo claro de compromiso político coa mocidade, tanto dentro do partido, como no concello, na hora de darlle cábida aos seus problemas cun orzamento reducido e unha Xunta desaparecida”.

Bernardo Fernández Piñeiro admirou a querencia da mocidade coa vila, posto que “as principais reivindicacións sempre xorden de xoves que se achegan ao concello a solicitar apoio en iniciativas que moitos emprenderon solos para mellorar, por exemplo, as infraestruturas do seu pobo”.

Nesta liña, o alcalde asegurou que “as organizacións mozas son a garantía de loita contra os prexuízos conservadores que a dereita verte para desmobilizalos e denostalos, como o do “botellón”. Durante encontro recolléronse iniciativas como novos espazos para a xuventude para facer deporte, realizar un lecer alternativo…

Algunhas novas relacionadas