
Bernardo Fernández sostén que “José Ángel Martínez Bardanca é a única opción que pode garantir progreso e futuro para Mugardos”
Os socialistas de Mugardos presentaron esta tarde a candidatura socialista para as municipais do 28 de maio, liderada por José Angel Martínez Bardanca.
No acto, o secretario xeral provincial, Bernardo Fernández, sostivo que “José Ángel representa a única opción que pode garantir progreso e futuro para Mugardos”.
“Este candidato vai ser o alcalde de todos e todas as veciñas, algo que nunca pasará cun candidato do PP”, engadiu Fernández, lembrando a ausencia do alcalde de Mugardos “nas reivindicacións da comarca por un transporte metropolitano digno”.
Pola súa parte, Martínez Bardanca prometeu “traballo, xestión e eficacia, fronte ao descontrol que hai agora mesmo no concello, unha situación que sufren cada día os veciños”.