
Formoso e Orozco apoian a Álberto González na presentación da súa candidatura en Valdoviño
O PSdeG-PSOE de Valdoviño presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do día 28 de maio. A agrupación local estivo acompañada no acto polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o exalcalde socialista de Lugo, José López Orozco.
A lista liderada polo alcalde do municipio, Alberto González, colleitou o aplauso dunha ateigada Casa da Cultura de Valdoviño. González afronta así a carreira para revalidar a alcaldía para un terceiro mandato, co obxectivo de que Valdoviño “siga avanzando”.