Bernardo Fernández sinala a “capacidade de traballo” de Juan Penabad en Ortigueira na presentación da súa candidatura

O PSdeG-PSOE presentou en Ortigueira a candidatura do alcalde Juan Penabad ás vindeiras eleccións municipais. O acto contou coa presencia de Natividad González Laso, deputada no Congreso, e Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral provincial.

Fernández Piñeiro sinalou de Penabad que é “alguén con que se pode falar pola rúa, que te atende, que sempre ten un sorriso na súa cara incluso nos momentos difíciles”.

O secretario xeral provincial tamén destacou a “capacidade de traballo” do alcalde socialista, “que traballa 24 horas os 7 días a semana e que sempre está pensando no seu concello”.

Ademais, Penabad “defende os intereses da súa vila, dos seus veciños e as súas veciñas por enriba de calquera outra cuestión”, afirmou Fernández Piñeiro, “da igual que o teñan votado ou non”.

Algunhas novas relacionadas