Bernardo Fernández aplaude o “compromiso” da candidatura socialista en Cabana de Bergantiños que lidera Juan Varela

Os socialistas de Cabana de Bergantiños presentaron aos membros da candidatura coa que concorrerán ás municipais do 28 de maio, que encabeza Juan Ramón Varela Martínez.

O secretario xeral do PSdeG na provincia de A Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e a vicevoceira parlamentaria, Begoña Rodríguez Rumbo, participaron no acto, que se celebrou no Local Social de Neaño e no que o líder provincial socialista subliñou “o compromiso dun equipo de compañeiros e compañeiras que dá un paso ao fronte para mellorar a calidade de vida e o entorno dos seus veciños e veciñas”.

“Son un equipo de persoas que representan tamén a un partido que é o que máis fixo e estar a facer por Cabana, e o fai dende aquelas administracións onde goberna, dende unha Deputación gobernada por un socialista, por Valentín González Formoso, que triplicou os recursos económicos que achega ata este Concello para que poida sufragar máis do 80% das obras que se realizan”, apuntou Bernardo Fernández.

“Esta é a impronta do Partido Socialista, un partido que escapa dos sectarismos, que entende as administracións como un instrumento en favor da cidadanía, independentemente de por quen sexan gobernadas. Esa é a responsabilidade, esa é a forma de entender a política que representan os compañeiros de Cabana, que aspiran a impulsar, a seguir mellorando e a traer o cambio a esta vila”, engadiu.

Algunhas novas relacionadas