Os socialistas apoian a manifestación do domingo en Pontedeume en defensa dun plan de xestión consensuado para as fragas

Os socialistas das Pontes, Monfero, Pontedeume, Cabanas e A Capela apoiarán a manifestación deste domingo en Pontedeume dos veciños e propietarios dos terreos do parque natural das Fragas do Eume.

Os socialistas respaldan as reivindicacións dos veciños e propietarios dos terreos afectados polo Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, que a Xunta de Galicia presentou “sen consenso nin diálogo, sen dar resposta a moitas das alegacións e sen ofrecer compensacións xustas polas limitacións que supón para os usos das terras”.

Os propietarios demandan a retirada cautelar do PRUX e esixen á Xunta que o Plan se elabore con “consenso” e contemple “compensacións axeitadas” para os propietarios das terras, xa que consideran insuficientes as previstas actualmente.

Os socialistas lamentan que, tras 20 anos co Plan Reitor pendente, a Xunta comunicase a súa aprobación de forma unilateral, sen dar antes resposta ás alegacións dos veciños e sen abrir un diálogo con eles para concretar aspectos tan importantes como os usos e restricións que afectan a cada zona ou as indemnizacións previstas.

Saúdos, Comunicación PSdeG Provincial

Algunhas novas relacionadas