
O PSdeG de Zas presenta o domingo a súa candidatura para as municipais, liderada por Sheila Rial Mata
Os socialistas de Zas presentarán a súa lista para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio no auditorio de Zas. A presentación terá lugar o domingo ás 12:00.
A candidata socialista á alcaldía de Zas, Sheila Rial Mata, presidirá o acto, acompañada doutros representantes do PSdeG, como Valentín González Formoso, secretario xeral, e Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral na provincia da Coruña.
Tamén intervirá no acto Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa do municipio veciño de Vimianzo dende 2019.
Rial Mata lidera unha renovada candidatura socialista en Zas, cun proxecto progresista e de futuro para o concello.