Os socialistas de Rianxo reúnense coa Deputación da Coruña para coñecer o proxecto de residencia comarcal no municipio

Os socialistas de Rianxo reuníronse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o secretario xeral provincial, Bernardo Fernández, para coñecer máis a fondo o proxecto de centro de ocupación integral para persoas maiores que a institución ten preparado para o municipio.

A futura residencia pública para maiores forma parte dun proxecto piloto para crear esta e outras dúas residencias de ámbito comarcal máis na provincia.

O obxectivo deste plan piloto é “mellorar o benestar e evitar o desarraigo e a soidade non desexada dos maiores”, e tamén “crear emprego e axudar a fixar poboación no rural”, en palabras de González Formoso.

O candidato socialista a alcaldía de Rianxo, Óscar Rial, interesouse polo desenvolvemento do proxecto, poñendo especial interese nos aspectos relacionados coa accesibilidade do centro de ocupación integral.

“Queremos que a residencia sexa un espazo accesible”, indicou o candidato. Rial fixo especial fincapé en conseguir un centro “sen limitacións de ningún tipo para a mobilidade das persoas usuarias e o persoal”, tanto no seu interior como no acceso ao mesmo.

Algunhas novas relacionadas