Diego Luis Díaz preséntase como candidato ás vindeiras eleccións co obxectivo de “levar ao Val do Dubra ao século XXI”

Os socialistas de Val do Dubra presentaron onte a Diego Luis Díaz como candidato ás vindeiras eleccións municipais. O secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, mostrou o seu apoio ao candidato durante un acto ateigado de participantes, sobre 200 persoas, que trasladaron o seu ánimo ao socialista. 

O candidato socialista explicou o seu programa “para levar dunha vez por todas ao Val do Dubra ao século XXI”, durante un acto no que tamén participaron o alcalde de Ames e deputado provincial, Blas García, e a deputada autonómica, Noa Díaz.   

Pola súa banda, Fernández Piñeiro insistiu en que o proxecto do candidato “é unha oportunidade para que os socialistas gobernemos no Val do Dubra, un éxito que xa se notou nos anteriores comicios, cando a candidatura socialista con Diego Luis Díaz á fronte logrou recuperar a representación socialista no Pleno”.   

Algunhas novas relacionadas