
Francisco Suárez Portas: “Ribeira precisa un cambio de rumbo que só nos, os socialistas, podemos liderar”
Francisco Suárez Portas presentou hoxe a súa candidatura á alcaldía de Ribeira polo PSdeG-PSOE nun acto que contou coa presenza de Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña.
“Ribeira, máis que nunca, precisa levar a cabo un cambio de rumbo que só nos, o PSdeG-PSOE, pode acadar. Precisamos unha Ribeira nova, máis xove e dinámica, no que o mantemento da nosa cidade non sexa un problema, senón un orgullo”, subliñou Francisco Suárez Portas no acto levado a cabo na sede do partido e no que tamén interveu Ana Alvite, número 2 da candidatura.
O socialistas apostan por “unha Ribeira de todos e de todas, no que se escoiten e se entendan os problemas dos veciños e das veciñas como o transporte e a sanidade, sen cortes de auga constantes e cun saneamento real e eficiente en toda Ribeira”.
“Cun goberno local que apoie aos comerciantes cando as súas actividades estean en momentos baixos, non só en verán ou en Navidades, deixando atrás os carteis de ‘Se Alquila’ ou ‘Se Traspasa’ e abrindo negocios novos e distintos”, incidiu Francisco Suárez, que insiste en temas clave para os cidadáns como o aparcamento, a limpeza das parroquias e as festas. “E que coide tamén a Festa da Dorna para que siga sendo a mellor festa do mundo”, reiterou.
“Nós somos un equipo sen estrelas, pero xove e unido no que todos e todas sumamos para conseguir un obxectivo, conseguir que Ribeira volva ser un referente dentro de Galicia e desta forma todos e todas seremos máis fortes”, subliñou.
Bernardo Fernández Piñeiro respaldou a candidatura de Francisco Suárez Portas “que culmina un proceso de renovación que se iniciou meses atrás e que está encamiñado a conquerir o obxectivo de alcanzar á alcaldía nas vindeiras elección municipais”.
“Un obxectivo que entendemos que é realizable perfectamente cunha candidatura fresca, de xente comprometida, de xente que está disposta a deixarse a pel para traballar polo benestar e para a mellora das infraestruturas e da calidade de vida dos seus veciños e veciñas, e que representa un proxecto modernizador fronte a quen neste momento ostenta a alcaldía desta vila e que ten un proxecto xa esgotado e de confrontación constante”, engadiu.
“Esta vila necesita tempo de tranquilidade, tempo no que todos os esforzos do goberno local se centren na mellora das prestacións dos servizos básicos aos veciños, na construción de novas infraestruturas”, valorou antes de insistir: “Todo isto, ademais, baixo as siglas e coa garantía que ofrecen o Partido Socialista, un partido de goberno que é maioritario nesta provincia no eido municipal e que ao longo destes anos estivo a amosar á cidadanía desta provincia que hai unha forma diferente de xestionar as administracións, máis cercana aos problemas dos cidadáns, atendendo as súas demandas independentemente de a quen teñan votado”.
“Polo tanto esa garantía de progreso, de apoio aos sectores económicos, aos sectores culturais, deportivos, etc. é a que avala esta candidatura que hoxe estamos presentando en Ribeira”, rematou a súa intervención o secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña.