
Eugenio Pazos será o candidato socialista á alcaldía de Trazo
Os socialistas de Trazo anuncian que Eugenio Pazos será o líder da candidatura socialista á alcaldía de Trazo nas vindeiras eleccións municipais. O candidato socialista, orixinario da parroquia de Benza, afirma que decidiu dar este paso “porque considero necesario dar un cambio nas políticas deste municipio”.
Neste sentido, Pazos basea a súa proposta “nun programa serio e realista”. O seu principal obxectivo é converter Trazo “nun lugar no que se poidan asentar familias, desenvolver negocios e realizar actividades de lecer”. O socialistas insiste “son ideas claras e definidas para lograr o cambio que precisamos en Trazo”.
O secretario xeral do PSdeG-Provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, asegurou que o proxecto de Pazos “é unha alternativa para marcar un novo rumbo en Trazo, afastado das políticas actuais que non pensan na cidadanía”. Para o líder provincial, “o partido socialista é a mellor garantía para que Trazo avance”.