
Bernardo Fernández: “Hoxe comezamos a carreira para recuperar a alcadía de Laxe, paralizada tras estes anos de Goberno do Partido Popular”
Os socialistas de Laxe presentaron onte ao seu candidato ás vindeiras eleccións municipais, Francisco José Vidal Castro. No acto estivo presente o secretario xeral do PSdeG-Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro; ademais da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e do secretario de Economía e Transformación Dixital do PSOE, Pedro Casares.
O líder dos socialistas na provincia, Bernardo Fernández Piñeiro, anunciaba que hoxe se inicia a carreira para “recuperar a alcaldía de Laxe, unha vila que languidece tras catro anos de Goberno do Partido Popular, no que a parálise é a tónica dominante”.
Neste sentido, Fernández Piñeiro destacou o compromiso do candidato socialista, Francisco José Vidal Castro, “un veciño que da un paso ao frente para implicarse en política coa única motivación de mellorar a súa vila, é alguén que vén á política a traballar polos seus veciños e veciñas”. “Os socialistas temos un proxecto claro e realista para mellorar o entrenó e calidade de vida de todos os veciños e veciñas de Laxe”
O candidato socialista aproveitou a súa intervención para enumerar algúns dos seus proxectos para a vila. “Laxe está por desgraza no pasado, debido ao abandono por parte do Goberno local. Por iso aspiro a potenciar o sector turístico na nosa vila, apostando polo turismo de calidade”, sinalou Vidal Castro.
“A iso súmase un proxecto de modernización do concello, para unha xestión máis eficaz e cunha prioridade cara ás parroquias. Atenderemos ademais a grandes problemas da nosa vila, como o despoboamento, xerando atractivos para a mocidade. Tamén daremos un impulso á atención dos nosos maiores, así como unha solución á baixada da actividade económica”, engadiu o candidato.