O PSOE da Laracha comprométese a dixitalizar o sistema de reserva de pistas de pádel

O PSOE da Laracha anuncia o seu compromiso de dixitalizar o sistema de reserva de pistas de pádel municipal. “As persoas usuarias desta instalación solicitáronnos en numerosas ocasións”, explica a candidata socialista á alcadía e voceira, Palomi Rodríguez.

“O obxectivo é facilitar ás persoas usuarias desta infraestrutura deportiva cando desexen reservar algunha das pistas existentes para a práctica do pádel”, sinala a socialista.

Segundo recalcan os socialistas, os medios técnicos actuais permiten a posibilidade de establecer un sistema de reservas dixital propio, “sen que sexa preciso, tal e como sucede actualmente, acudir de maneira presencial ou chamando a un teléfono de contacto para tal efecto, ocasionando, desta forma, moitas molestias a todos aqueles que queiran alugar unha pista”.

“Existen sistemas máis modernos e adaptados aos tempos actuais xa que se están a executar noutros concellos. A Laracha non pode quedarse atrás neste aspecto, xa que permitiría unha maior comodidade ao conxunto das persoas usuarias destas pistas á hora de proceder á reserva das mesmas”, conclúe Rodríguez.

Algunhas novas relacionadas