
Bernardo Fernández chama a ampliar a maioría nunhas eleccións municipais que son “un plebiscito contra as políticas de atraso do PP”
O secretario xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Bernardo Fernández, chamou este sábado na Coruña ós candidatos e candidatas do PSdeG nas eleccións municipais do vindeiro 28-M a “non conformarse” e a traballar e “deixarse a pel” para “ampliar as maiorías” nos 93 municipios da provincia.
“O 28-M estamos ante un plebiscito: se o PP ten un voto máis ca nós dirán que os cidadáns respaldan a Alberto Núñez Feijóo e ás súas políticas de atraso”, apuntou Fernández no discurso de apertura do Comité Provincial na Coruña, no que tamén participou o secretario de política federal e voceiro no Congreso dos Deputados do PSdeG, Patxi López.
O secretario xeral dos socialistas da Coruña destacou que o PSOE “non quere o éxito polo éxito, senón porque é unha garantía de seguir traballando para mellorar a vida dos veciños”. “A nosa sorte é a sorte de tódolos cidadáns: se non estivéramos á fronte das institucións todos sabemos o que pasaría”, proseguiu.
Deste xeito, afondou nas diferencias entre os socialistas e o PP á hora de gobernar, toda vez que despois da crise do 2008 “é imposible lembrar unha soa medida social, só subiron os impostos, coma o IVE, e non fixeron nada para mellorar as pensións ou os salarios”.
Patxi López incidiu nesta mesma idea, lembrando que o Goberno de Pedro Sánchez “está cambiando las cosas aplicando su proyecto de socialdemocracia pura y dura”, que resumiu en que “que reciba más quien más necesita y que aporte más quien más tiene”, fronte a un PP “cuyo futuro depende de Vox”.
“Por eso es fundamental el trabajo desde los municipios, porque nunca se han ganado unas elecciones generales sin antes haber ganado unas locales, por lo que el 28-M sólo hay dos posibilidades: o que gobernemos los socialistas o que gobierne la extrema derecha”, sentenciou López.
O dirixinte socialista concluiu lembrando a responsabilidade dos candidatos, quen, “además de ser buenos gestores”, tamén terán que converterse en “creadores de espazos de convivencia” e en “muros de contención frente a los discursos de odio e intolerancia”.