
O PSOE de Oleiros instala un buzón para escoitar á veciñanza baixo o lema “Falemos sen medos”
O PSOE de Oleiros ven de colocar un buzón de suxerencias na súa sede de Santa Cruz co lema “Falemos sen medo”.
O buzón, colocado na sede do PSdeG-PSOE de Oleiros situada en Santa Cruz, na esquina da rúa Rafael Dieste con rúa Saber, nace como unha vía máis de comunicación coa veciñanza totalmente anónima e aberta a calquera problema, idea ou necesidade.
“Neste buzón, os veciños e veciñas de Oleiros poderán deixar queixas, suxerencias, problemas ou propostas sen medos e sen limitacións”, subliña a candidata socialista a Alcaldía, Carmen Acuña.
“Os socialistas de Oleiros queremos, por este medio, acercarnos de forma directa e libre á veciñanza para coñecer ben as súas necesidades. Queremos abrir un novo fío de comunicación anónimo, confidencial, sen que teñan que pasar por oficinas ou calquera tipo de sedes alternativas”, engade.
“Queremos un Oleiros sen medos, un Oleiros máis libre, un Oleiros mellor”, afirma Carmen Acuña.