
Os socialistas de Pontedeume organizan este venres a proxección do documental ‘Tras los Pasos de la Memoria’
A Agrupación Socialista de Pontedeume organiza este venres, día 10 de febreiro, a proxección do documental ‘Tras los pasos de la memoria’ ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Pontedeume.
O documental rompe o silencio da vítimas da Guerra Civil e a ditadura franquista con historias reais. Unha homenaxe ás persoas que sufriron cárcere, torturas ou foron asasinadas por defender a liberdade en España.
Os socialistas de Pontedeume únense desta forma á iniciativa do PSOE estatal de querer mostrar e recoñecer o sacrificio dos antifranquistas e as antifascistas españolas e o sufrimento profundo das súas familias, que non perderon a esperanza de rescatar a todas as vítimas do olvido durante tantos anos.
O PSOE eumés agradece o traballo incansable e de incalculable valor das organizacións memorialistas.