Éxito da campaña de recollida de xoguetes e alimentos ‘Un Nadal con solidariedade é máis Nadal’ dos socialistas de Santa Comba

Os socialistas de Santa Comba están plenamente satisfeitos co éxito da campaña de recollida de xoguetes e alimentos ‘Un Nadal con solidariedade é máis Nadal’ que puxeron en marcha neste mes de decembro.

A resposta dos veciños e veciñas da comarca e a súa colaboración nesta iniciativa para axudar ás crianzas e ás familias que máis o precisan superou todas as expectativas, polo que dende a agrupación dan as grazas a todos os que se achegaron ata a sede do PSdG para doar os alimentos e os xoguetes novos.

Como anunciaba na presentación da campaña Alberto Romar, candidato socialista a alcaldía nas próximas eleccións municipais, todo este material se entregou o pasado día 22 a Cáritas de Santa Comba.

Algunhas novas relacionadas