Carmen Acuña será a candidata socialista á alcaldía de Oleiros nas próximas eleccións municipais

A Agrupación Socialista de Oleiros anuncia que Carmen Acuña será a líder da candidatura do PSOE no municipio para as vindeiras eleccións municipais.

Anteriormente, a socialista xa desempeñara cargos a nivel municipal e fora deputada no Parlamento de Galicia, vinculada especialmente ao ámbito sanitario. Actualmente, Acuña exerce como médica no municipio de Oleiros.

“Estou en contacto a diario coa cidadanía de Oleiros pola miña profesión, o que me permite coñecer as súas opinións e inquedanzas sobre o municipio. O noso concello ten feito o continente, pero fáltalle aínda moito contido”, explica Acuña, que contou co apoio dos compañeiros/as da agrupación para ser proclamada como candidata.

A Agrupación Socialista de Oleiros agradece a confianza do PSdeG e da Agrupación Provincial Socialista na candidatura ás vindeiras eleccións.

Algunhas novas relacionadas