Bernardo Fernández destaca que os socialistas garanten “o poder adquisitivo dos pensionistas nun momento económico adverso”

O secretario xeral do PSdeG-Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, interviu onte no acto “Diálogo sobre pensiones”, xunto a Mercè Perea Conillas, voceira socialista do Pacto de Toledo e vogal na Comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migración.

Tamén tomou a palabra durante o acto o alcalde de Ferrol, Ángel Mato. O evento serviu para informar á cidadanía sobre o sistema de pensións e as últimas modificacións do Goberno de Pedro Sánchez para asegurar o poder adquisitivo dos pensionistas.

“Hablar de pensiones no es hablar de mayores, es hablar de toda la ciudadanía. Todos aportamos a ellas a lo largo de nuestra vida”, sinalou Perea. A socialista recordou ademais “garantizar pensiones es también garantizar trabajo digno, la lucha no es confrontar a unos contra otros”.

“Hoy el Estado es garante de un sistema público de pensiones sotenible y con pensiones digna”, finalizó Perea.

O líder dos socialistas na provincia, Bernardo Fernández Piñeiro, explicou que existen “dúas formas de entender a xestión e a política: ben o Estado ao servizo da maioría da cidadanía, ou ben o Estado ao servizo dalgúns poucos. Dúas formas que coinciden cos diferentes modelos de Estado para o PSOE, gobernando para todos, e para o PP, gobernado para a minoría”.

Para o socialista, as pensións son un exemplo desta dicotomía na forma de gobernar. “Nunha crise económica, o Partido Popular conxelou as pensións, deixando na estacada a moitas familias. Porén, nun momento económico adverso, o PSOE incrementou as pensións e realizou unha modificación para vinculalas ao IPC e que non perdan poder adquisitivo”, explicou.

Por último, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, reivindicou a “la cadena de solidaridad” que representa cidadanía española no sistema de pensións. O rexedor sinalou a importancia de protexer as pensións “para que las generaciones del futuro puedan seguir disfrutando de estos derechos”.

Na imaxe, a deputada Natividad González, o líder provincial Bernardo Fernández, o alcalde Ángel Mato, a socialista Mercè Perea, a deputada Montse García Chavarría, a deputada autonómica Begoña Rodríguez Rumbo, e o deputado Diego Taibo.

Algunhas novas relacionadas