
O PSOE Provincial destaca o compromiso do Goberno coa humanización das Pías, “a maior obra deste tipo a nivel estatal”
César Ramos, voceiro de Transportes e Infraestruturas da Executiva Federal do PSOE, visitou hoxe as obras de humanización da avenida das Pías, que se converterá nun bulevar de acceso á cidade. O alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o secretario xeral do PSdeG-Provincial, Bernardo Fernández; as deputadas no Congreso, Natividad González, e Montserrat García Chavarría; e o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, acompañaron a Ramos na súa visita.
As obras están executadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e supoñen o maior investimento do Goberno central en obras de humanización, cun orzamento de 10 millóns de euros.
“Esta obra representa cómo los socialistas pensamos que tienen que ser las infraestructuras. Antes, los muros se usaban para que las personas se moviesen mejor, pero separando a la gente”, sinalaba Ramos en referencia á infraestrutura que separaba os barrios de Caranza e O Bertón. “Con esta obra humanizamos la ciudad, acercando a las personas a pie, a gente que antes no se veía porque las separaba un muro”, subliña.
O deputado socialista explicou ademais a relevancia dunha obra, “que es la más importante de humanización del país, dotada de 10 millones de euros, y que es posible gracias a un Gobierno socialista en España y en la ciudad de Ferrol”.
En este sentido, Ramos repasou a traxectoria do proxecto: “En 2010, se firmó un protocolo bajo el gobierno socialista de Zapatero para impulsarla, pero los gobiernos del Partido Popular nunca llegaron a ejecutar la obra”.
“Así, financiada con los Fondos de Recuperación de Europa, los Next Generation, el Gobierno de Pedro Sánchez ha recuperado e impulsado la obra”, engade Ramos, subliñando “o compromiso do Goberno socialista con Ferrol”.
Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, agradeceu “un apoyo del Gobierno de España como nunca hemos tenido, que escucha, conoce y sabe lo que se está haciendo en Ferrol”.
“Este proyecto supone además una obra de carácter social, permitiendo la permeabilidad entre barrios con distintos niveles de vidas y reduciendo la desigualdad”, explica o alcalde, que engade que “hemos visto como la ciudadanía tenía dificultades para pasar de un lado a otro de la carretera”.
Mato fixo especial fincapé en que no día de hoxe “hablamos de hechos, no de promesas”, en relación a unha obra xa comezada e que continuará no futuro. O alcalde finalizou recordando a importancia de Ferrol nos orzamentos xerais do Estado para 2023, con proxectos como as fragatas F-110, entre outros investimentos.