O PSOE de Touro pide de novo que se arranxe a pista da ‘Costa dos Frades’

O PSdeG-PSOE de Touro solicita de novo que se escoiten as peticións que se levan facendo dende máis de seis meses en pleno para que se arranxe a pista da ‘Costa dos Frades’.

As queixas dos veciños son recurrentes, xa que os estragos non fixeron máis que empeorar. A pista está chea de fochancas e xa case está sen asfalto; as cunetas están sen abrir e as entradas ás leiras non teñen tubos para que pase a auga, polo que esta vai pola vía; ademais, hai uns “big-bags” de terra no medio no cruce que levan alí unha morea de tempo.

“Unha vez máis, dende o Grupo Socialista instamos a que se escoite á veciñanza e volveremos a solicitar este arranxo en pleno tantas veces como sexa preciso”, afirma Gemma López, portavoz do PSOE de Touro.

Algunhas novas relacionadas