O PSOE de Touro critica que os orzamentos da Xunta discriminan aos veciños e veciñas do Concello

O PSdeG-PSOE de Touro lamenta o desprezo que fai a Xunta de Galicia ao Concello e as súas veciñas e veciños ao destinar “cero euros en investimentos” no municipio nos orzamentos da Xunta para o ano 2023.

“Estas contas non están á altura do que o noso pobo necesita: son unha oportunidade perdida, un documento contable que non contempla modelo de país nin estratexia nin proxecto para o noso Concello”, afirma Gemma López, portavoz dos socialistas de Touro.

O Grupo Socialista afirma que o “PPdeG de Núñez Feijóo, Rueda e Codesido están instalados na rutina á que nos teñen acostumados” e critican duramente que “non atenden ás carencias, que son moitas, do noso municipio”.

Unha vez máis, o PSdG-PSOE de Touro insta a Ignacio Codesido a que “exerza o seu papel de alcalde e que solicite tamén unha xuntanza para esixir á Xunta de Galicia o bo funcionamento do Servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Touro”.

Algunhas novas relacionadas