Alberto Romar será o candidato socialista á alcaldía de Santa Comba nas próximas eleccións municipais

A Agrupación Socialista de Santa Comba anuncia que Alberto Romar será o líder da candidatura do partido socialista en Santa Comba nas vindeiras eleccións municipais de 2023.

O candidato socialista foi escollido por unanimidade nunha asemblea extraordinaria da agrupación socialista. Co obxectivo de recuperar un goberno socialista en Santa Comba, Romar sinalou que o paso principal será escoitar á veciñanza, cun proxecto “realista e executable”.

O próximo candidato socialista explicou que elaborará “unha lista de progreso”, na que se integren novos perfís e compañeiros que formaron parte da candidatura nas eleccións de 2015 e 2019.

O socialista tamén fixo fincapé na busca de estabilidade política no concello, poñendo en práctica unha política seria e que atenda á critica construtiva. Romar engadiu que un cambio para Santa Comba “só será posible cun goberno progresista”.

A Agrupación Socialista de Santa Comba agradeceu a confianza do PSdeG e da Agrupación Provincial Socialista na candidatura ás vindeiras eleccións.

A nova Casa do Pobo
A asemblea extraordinaria na que os socialistas xalleiros escolleron ao seu candidato celebrouse na súa nova sede. A Casa do Pobo dos socialistas de Santa Comba inaugurouse fai unhas semanas, nun encontro no que participaron a militancia e representantes do partido socialista.

Algunhas novas relacionadas