Os socialistas da provincia demandan á Xunta “abandoar a política de recortes na sanidade da comarca de Bergantiños”

Llanos Castellanos, secretaria de Xustiza, Relacións Institucionais e Función Pública da Executiva do PSOE, estivo hoxe en Carballo, acompañada por representantes do PSdeG Provincial da Coruña. Xunto a Aitor Bouza, membro da executiva provincial, e Sergio García Villar, coordinador comarcal dos socialistas en Bergantiños, esixiu á Xunta reverter as políticas de recortes en materia sanitaria.

“Os socialistas da provincia reivindicamos as cuestións que lle importan á cidadanía. A comarca de Bergantiños, como moitas outras en Galicia, está a padecer o desleixo da Xunta de Galicia en materia sanitaria”, sinala Aitor Bouza.

“Esiximos ao goberno de Alfonso Rueda que abandone esta política de recortes que provoca que moita xente non teña acceso a un servizo de calidade, óptimo e universal”, engadiu Bouza.

“Neste sentido, os socialistas apoiaremos as reivindicacións da cidadanía nestas materias, porque a política municipal debe defender á veciñanza. Porén, a Xunta continúa a escapar para render contas aos galegos sobre estes recortes”, rematou o socialista.

Llanos Castellanos deu conta das súas xornadas en Galicia “en las que reivindicamos la dignidad de la ciudadanía gallega, ayer en Brión respaldando la educación y hoy con la sanidad”.

“Es lamentable que una comunidad autónoma haga regalos fiscales a los más ricos pero no dé fondos para la sanidad. Un total de 17.000 gallegos se beneficiarán del regalo fiscal del Partido Popular en el impuesto de patrimonio, pero más de 2’7 millones de gallegos sufrirán los recortes sanitarios”, denuncia a socialista.

“El Gobierno central otorgó fondos Covid a las comunidades autónomas y los socialistas, al igual que el Consello de Contas, nos preguntamos dónde están 159 millones de euros de ese fondo que llegaron a Galicia”, finalizou Castellanos.

Pola súa banda, o coordinador comarcal, Sergio García Villar, calificou a situación de “deixadez total por parte da Xunta. Moitos concellos da comarca non teñen pediatra no verán e teñen que trasladarse a Carballo. Outros non contan con matrona no centro de saúde”.

“A última desfeita da Xunta foi obrigar aos nosos maiores a desprazarse a Carballo para vacinarse, cando a maioría dos anciáns non conducen”, rematou.

Algunhas novas relacionadas