Bernardo Fernández esixe á Xunta “cesar o desmantelamento do noso sistema educativo”

O secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, estivo esta mañá en Brión xunto á secretaria de Xustiza, Relacións Institucionais e Función Pública da Executiva do PSOE, Llanos Castellanos, ademais de varios alcaldes e representantes socialistas da comarca para reivindicar que se cubran as prazas de docentes no CEIP de Pedrouzos

Na visita, Fernández Piñeiro demandou á Xunta “cubrir de forma inmediata a praza de docente de música, unha reivindicación que apoia tanto a directiva do centro como as familias”. Ademais, a Xunta tamén suprimiu este ano unha unidade educativa, limitando o persoal do apoio. Por desgraza, estes recortes son a tónica habitual deste inicio de curso por parte da Xunta”, sinalou o líder socialista.  

Neste sentido, Bernardo Fernández fixo referencia á situación en Dumbría, “onde hai un mesmo titor para dúas aulas en dous centros educativos situados en concellos distintos”. “Pedimos á Xunta que cese o desmantelamento que está a causar no sistema educativo do noso país”, engadiu.

Pola súa parte, Llanos Castellanos sinalaba que nesta xornada acompañaba “a los compañeros/as de Galicia para reivindicar lo que es justo: atender bien a nuestros niños y niñas”.  

A socialista enumerou as consecuencias para a cativada derivadas dos recortes do Goberno da Xunta de Galicia: “Nuestra infancia se queda sin transporte público, no tiene pediatra y faltan docentes”.  

“Frente a este Gobierno que defiende los recortes tenemos enfrente al Gobierno central, donde los socialistas hemos aprobado la Ley de Presupuestos con el mayor gasto social de la historia”, puntualiza.  “Invertir en pensiones, educación o sanidad nos hace ser una sociedad más justa”, engadiu.  

Alén dos recortes de docentes, este centro precisa un investimento nas instalacións, no que a Xunta se nega a colaborar. “A Xunta debe establecer criterios obxectivos e non políticos, concedendo as axudas en función da cor do partido que goberna. Os centros educativos son a súa competencia, non pode obrigar aos concellos a asumir gastos impropios para a súa renovación”, rematou o líder provincial, Bernardo Fernández Piñeiro.

Neste CEIP de Pedrouzos, tal e como deu conta o seu director, Xián Cabo, “precisamos máis recursos, pero especialmente as dúas prazas que nos suprimiron este ano”. As dúas vacantes non cubertascorrespóndense a unha de música, que non nos dotaron de profesorado, e unha de apoio infantil, xa que, malia que nos suprimiron unha unidadeeducativa nesa etapa, solicitamos á Xunta manter dous docentes de apoio para os 100 alumnos e alumnas”.  

Algunhas novas relacionadas