Bernardo Fernández avanza que as obras da ampliación da estrada a Porzomillos en Oza-Cesuras comezarán en novembro e anuncia a redacción dunha segunda fase para continuar as melloras neste vial

O secretario provincial do PSOE e portavoz do Goberno da Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, avanzou hoxe que as obras de ampliación e mellora da estrada DP-6301 de Serra de Abaixo a Porzomillos, que contan cun orzamento de 700.000 euros, comezarán en novembro e anunciou a redacción dun novo proxecto “que permitirá completar todas as melloras necesarias neste vial ao longo dun tramo de máis de 2,5 quilómetros”.

Bernardo Fernández, que visitou a zona acompañado do portavoz do PSdeG-PSOE no municipio José Antonio Vaamonde, os concelleiros Pedro García e Laura Sánchez; a secretaria xeral dos socialistas de Oza-Cesuras, Pilar Pedreira, e o vicesecretario xeral, José Luís Castrillón, escoitou as demandas dos socialistas de Oza-Cesuras, que reclaman efectuar algunhas melloras pendentes na primeira fase das obras que a Deputación iniciará este mesmo outono.

Entre elas, os socialistas de Oza-Cesuras solicitan ampliar tamén a parte do primeiro tramo da estrada que vai ata o serradoiro e a  mellora e pavimentación do vial entre os puntos quilométricos 1+180 e 1+720, un tramo de algo máis de 500 metros onde a presenza de vivendas pegadas á estrada impide anchear a vía.

“Unhas demandas que son lóxicas e necesarias, pois axudarán a completar o importante investimento que a Deputación vai a realizar para mellorar a seguridade nesta estrada, e que polo tanto incorporaremos cun novo proxecto para efectuar unha segunda fase das obras”, afirmou Fernández, que anunciou que o Goberno provincial encargará de forma inmediata a redacción do proxecto para incluír estas suxestións.

Inicio das obras de ampliación en novembro

O portavoz do Goberno na Deputación anunciou que as obras de ampliación da estrada DP-6301, que serve de acceso ao núcleo de Callobre, comezarán a medidados de novembro e permitirán “unha notable mellora da seguridade” na zona, xa que suporá a ampliación da plataforma do vial de 4 a 8 metros de ancho, construíndo

As obras previstas inclúen tamén a substitución do drenaxe transversal ao paso do regato da Pedra e a mellora das interseccións existentes coa estrada DP-0106, de San Vicente de Vigo a Oza dos Ríos no PK 0+000 e coa estrada municipal que conecta con Limiñón no PK 2+500.

Algunhas novas relacionadas