
Juan Cao, elixido coordinador comarcal do PSdeG en Ortegal
Juan Cao foi elixido coordinador comarcal do PSdeG en Ortegal e xa traballa para acadar os mellores resultados nas próximas eleccións municipais.
A elección de Cao fíxose pública nunha reunión coa presenza de Alejandra Pérez Márquez, vicesecretaria xeral da Executiva da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.
“Quero agradecer o traballo do anterior coordinador, Marcial Blanco, e o respaldo dos meus compañeiros e compañeiras”, afirmou Cao.
“Traballaremos cada día para mellorar a vida dos nosos veciños desde o goberno e desde a oposición, ademais de preparar o partido para as municipais de maio de 2023”, engade.