
Paula Mouzo, reelixida coordinada comarcal do PSdeG Costa Atlántica
Paula Mouzo Maceiras, reelixida coordinadora comarcal do PSdeG na Costa Atlántica, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.
A reelección de Paula Mouzo fíxose pública nunha reunión coa presenza de Aitor Bouza, membro da Executiva da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.
Paula Mouzo traballa xa co horizonte das eleccións municipais de maio de 2023: “Garantizamos traballo en todos os ámbitos, somos unha comarca unida e traballadora e temos un gran un equipo para acadar mellores e máis obxectivos con ilusión”.
Pola súa parte, Aitor Bouza destacou “a importancia das comarcas no partido; co máximo apoio da Executiva provincial comezamos unha carreira de fondo de cara as municipais para revalidar alcaldías, conseguir outra novas e convencer á cidadanía para que se sume ao noso proxecto, temos as portas abertas”.