Juan Manuel Carreira, elixido coordinador comarcal do PSdeG na Coruña

Juan Manuel Carreira foi elixido coordinador comarcal do PSdeG na Coruña e xa traballa para acadar os mellores resultados nas próximas eleccións municipais.

A elección de Juan Manuel Carreira fíxose pública nunha reunión coa presenza de Alejandra Pérez Márquez, vicesecretaria xeral da Executiva da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca, que engloba A Coruña, Cambre, Arteixo, Carral, Cerceda, Culleredo, Oleiros e Sada.

“Quero agradecer o respaldo dos meus compañeiros e compañeiras, e o seguinte reto é acadar tamén o apoio dos cidadáns”, afirmou Carreira.

O coordinador comarcal confía en mellorar os resultados de 2019, mantendo as alcaldías socialistas e gobernando en novos municipios.

Algunhas novas relacionadas